Sherezade Bardaji


Universo de contos


A palabra é a protagonista deste espectáculo. Contos de tradición popular acompañados, algunhas veces polas sombras chinas. Todo esta dentro dunha maleta.

O universo está repleto de contos: algúns son tan grandes que case non caben nel, outros minúsculos agóchanse entre as estrelas. En ocasións as historias poden converterse na sombra dun dragón que voa sen cesar ou no xigante malvado dos nosos pesadelos. Historias que poden aparecer en calquera momento brillando con luz propia.