Sherezade Bardaji


Mil e unha noites


É un espectáculo teatral de pequeno formato. É a combinación entre os contos das mil e unha noites e os monicreques. Perfecto para desfrutar en familia.

Din que houbo unha muller chamada Xahrazad que contou durante mil e unha noites.... Xahriar, o sultán do reino toleara e o seu corazón volvérase de pedra. Así que ela coas súas palabras, tenta noite tras noite que Xahriar recupere a cordura, pero neste fabuloso camiño de contos tamén ela se atopará con algunhas sorpresas!