Sherezade Bardaji


A Cincenta

É un espectáculo teatral de pequeno formato. Unha versión da Cincenta dos irmáns Grimm.

Hai historias que nos crean porque chegaron ó mundo antes que nós. Palabras trastes que se enredan nos nosos cabelos, que pola noite nos fan cóxegas e non nos deixan durmir... Así pois, din que había unha vez unha casa tan grande ou tan pequena coma os ollos que a miraban. Nesa casa vivía unha moza. Un día a nai enfermou gravemente, e antes de morrer, quixo contarlle á moza o seu grande segredo....