Sherezade Bardaji


Contos para a memoria e o olvido

Espectáculo de narración oral e sombras. Contos de narración propia que se mesturan cos tradicionais.

Este é un espectáculo para a memoria e o esquecemento... contos de morte, de vida, que son o eco do pasado. Sempre hai historias que non queremos contar... que case nos gustaría que marchasen. Pechar os ollos, e ó abrilos, ver que todo foi un soño, aínda que ás veces espertamos coma na obra de Calderón para ver que o vivido non é soñado.